Luns. 17.02.2020
El tiempo

Este venres celébrase a segunda Asemblea Aberta para organizar o 8M en Carballo

Imaxe dunha das xuntanzas dos colectivos feministas da Costa da Morte para armar conxuntamente o 8M
Imaxe dunha das xuntanzas dos colectivos feministas da Costa da Morte para armar conxuntamente o 8M
Este venres celébrase a segunda Asemblea Aberta para organizar o 8M en Carballo

Xa está en marcha a organización conxunta das actividades do Día da Muller entre os 4 colectivos feministas da Costa da Morte. Pero para sumar esforzos, e implicar a todas as mulleres da comarca de Bergantiños, o Círculo Feminista de Carballo convoca o vindeiro venres 14 de febreiro a segunda Asemblea Aberta destinada á preparación da manifestación que terá lugar en Carballo o vindeiro 8 de marzo.

A xuntanza, non mixta, terá lugar ás 20:00 h terá lugar, no Pazo da Cultura de Carballo, está dirixida a todas as veciñas da comarca pertencentes ou non a partidos, sindicatos e/ou asociacións para participar na organización da convocatoria do vindeiro 8 de marzo. Esta asemblea será a continuación do traballo iniciado na primeira xuntanza, que tivo lugar o 31 de xaneiro.

Novas relacionadas

Artigos de Sonlilá

comentarios