Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha viaxe polas librarías da bisbarra co gallo do Día do Libro

Rosi e Sonia da Libraria Agarimo de Fisterra
Rosi e Sonia, da Libraria Agarimo de Fisterra
Unha viaxe polas librarías da bisbarra co gallo do Día do Libro

Hoxe, 23 de Abril, celébrase o Día do Libro. Neste día tan bonito para os amantes da literatura e das boas historias, achegámonos ás librerías da comarca para saber como viven esta celebración as nosas libreiras e que títulos nos recomendan estas voces expertas.

En Clarión Libraría, (antiga Punto e Coma Carballo) recíbenos Eva Cameáns.

Eva Cameáns libreira en Carballo

  • Cóntanos Eva, como vivides este Día do Libro?

Pois por unha parte con mágoa de non poder realizar actividades coma os outros anos, xa que sempre solíamos programar actividades e accións para este día. Pero por outra banda ilusionados por que presta ver como moitísima xente celebra este día, busca agasallos para os seus achegados etc o que segue a demostrar que seguimos a quedar moitas persoas namoradas dos libros e da literatura.

  • Ides realizar algún tipo de acción este ano?

Pois este ano imos realizar durante toda a xornada do día 23 un 10% de desconto en todos os libros. Ademais vamos face o sorteo dunha bolsa de tela literaria, con agasallos sorpresa no seu interior. No sorteo entrarán todas as persoas que fagan comprar durante os días 20, 21, 22 e 23- O día 23 a última hora farase o sorteo. Anucíandose a gañadora ou gañador o día 24 a través de Redes sociais e tamén poñéndonos en contacto directamente coa gañadora ou gañador.

  • Algunha recomendación literaria para QPC?

Como libro infantil encántame "O granxeiro e o veterinario" de Hercules edicións. Na granxa todos os animais saben que o granxeiro e o veterinario están namorados e se gustan. Polo que artellan un complot divertidísimo para que acaben xuntos. Como libro de adulto O souto dos catro ventos, unha novela de misterio da gran María Oruña publicada por primeira vez na nosa lingua. Como libro xuvenil A evolución de Calpurnia Tate de Kalandraka editora paréceme fermoso. Un libro que nos fala de natureza pero a vez de prexuizos, de amizade, de familia…

Dia do libro na Libraria Branas de Carballo
Foto Librería Brañas.

Tamén de Carballo, falamos con Helena, de Libraría Brañas Verdes, que nos comenta que nesta data sempre fan un desconto do 10%.

  • Algunha recomendación para QPC?

Estamos traendo todas as novidades que saen para que o público atope unha sección amplia onde elixir. Dende Suso de Toro, Ángela Banzas, María Dueñas…

 

 

Por último achegámonos ata Fisterra, falar con Rosi, unha das propietarias de Librería Agarimo.

Nestas datas facemos durante toda a semana un desconto do 5%. Estase a vender bastante Sira, porque María Dueñas xa nos "embruxou" con El tiempo entre costuras. Eu recomendo moito a Sánchez Garnica, calquera deles, moito tamén Dime quién soy e Lucinda Riley, entre outros...ainda que En busca de la felicidad ( Douglas Kennedy) sería o elexido.

  • Cres que o hábito da lectura está presente na sociedade?

A medida que vai pasando o tempo cada vez máis xente se adentra na lectura. Recoñezo que é algo complicado meter man dos que pensan nun libro como un traballo; en vez de velo como o que, unha forma de desfrutar e aprender cousas novas.

 

Novas relacionadas

Comentarios