Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vieiro e Concello poñen en marcha o programa "Quéreme ben" nos IES de Carballo

Vieiro en artai
Charla de Vieiro no Artai
Vieiro e Concello poñen en marcha o programa "Quéreme ben" nos IES de Carballo
A Asociación Vieiro dentro da programación no ámbito educativo puxo en marcha o programa de educación afectivo-sexual: "Quéreme Ben" co alumnado de Educación Secundaria do Concello de Carballo. Outro programa de prevención no que se traballan a igualdade de xénero e os estereotipos e roles que desempeñan as mulleres e os homes na sociedade; ademais do amor romántico e a violencia de xénero.

Este programa preventivo "está concibido como unha ferramenta destinada a facilitar a posta en práctica do proceso de educación afectivo-sexual tratando de proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir capacidades para desenvolver unha vida afectiva responsable, satisfactoria e en igualdade".

Este programa lévase a cabo en formato de taller e consta de 4 sesións de 55 minutos de duración que se imparten con periodicidad semanal.

Comentarios