Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xornada imprescindible en Carballo para as Comunidades de Montes

Xornadas Comunidade de Montes Carballo
Xornada imprescindible en Carballo para as Comunidades de Montes

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) ten programada para o 10 de xuño no Fórum Carballo unha xornada titulada “As resolucións dos xurados de clasificación reforzan ou eliminan os montes veciñais”.

Unha cita tremendamente interesante para todas as persoas que pertencen ás Comunidades de toda a comarca, que será de acceso será libre e contarán con especialistas en varias materias.

O programa será o seguinte:

  • 10.00 horas. Presentación a cargo da vicepresidenta da ORGACCMM, Generosa Piñeiro Gey.
  • 10.15 horas. As resolucións dos xurados de clasificación de montes veciñais cuestionan o carácter xermánico dos montes veciñais, a cargo do avogado Calixto Escariz Vázquez.
  • 12.00 horas. Procedemento para a elección do representante das comunidades de montes nos xurados de clasificación dos montes veciñais, a cargo de Xosé Carlos Morgade Martínez, representante das comunidades de montes no xurado de clasificación de montes veciñais en Pontevedra.
  • 12.45 horas. A xestión do monte de xeito multifuncional e sustentábel, a cargo de Alberto Covelo Casal, presidente da comunidade de montes de Vincios.
  • 13.30 horas. Coloquio.
  • 14.00 horas. Peche da xornada a cargo de Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da ORGACCMM.

Comentarios