14 operarios limparán as praias de Carnota este verán

07:27 04/08/22
Distribuiranse en tres grupos de traballo e a actuación contempla a limpeza manual de todos e cada un dos areais, así como as áreas lindeiras a estes, a fin de manter en óptimas condicións de uso a zona de costa e preservar o valor natural e ecolóxico dos espazos e areais que conforman a fachada litoral do concello de Carnota.