mércores. 11.12.2024
El tiempo

As familias do CEIP O Pindo preparan unha nova folga indefinida do alumnado

Coidadora para Nico-CEIP O Pindo
As familias do CEIP O Pindo preparan unha nova folga indefinida do alumnado

Xa estamos a 18 de novembro, e Nico segue sen Coidadora. Así o denuncian as familias do CEIP O Pindo, que non queren ser "cómplices da exclusión escolar dun rapaz", e que seguirán coas mobilizacións ata que a Consellería de Educación rectifique e envíe o necesario apoio.

Ass familias, a ANPA, o centro, os Concellos de Canota e Dumbría. Todos estes colectivos xa contactaron coa Consellería para pedir a Coidadora, pero só atoparon "desidia e pésima xestión". 

Ante esta situacion, as familias do centro estanse organizando para iniciar unha nova INASISTENCIA INDEFINIDA do alumnado, como protesta pola situación e mostra de solidaridade co alumno de infantil desatendido e que non está podendo asistir ao centro por isto. Xa a comezo de curso protagonizaron unha folga de 7 días lectivos, a meirande protesta que nós lembramos en toda Galicia.

Valedora

As familias seguen esperando tamén a resposta da Valedora do Pobo trala queixa presentada o 24 de setembro as familias, que tivo que reiterar a petición e recordar á Consellería a súa obriga legal de dar unha resposta á Valedora. Lembran ademais que un novo informe do Equipo de Orientación Específico (E.O.E.) da propia administración, confirma que Nico, o alumno de 4º de Infantil, precisa este recurso.
Actualmente, unicamente un dia á semana está asistindo unha coidadora ao centro (por estar liberada do IES Lamas de Castelo, onde ese dia non vai ao instituto o alumno que ela acompaña).

Máis novas

Comentarios