Carnota celebrou unha nova "misa de saída do colexio e pola alma da Coidadora do Pindo"
- Ester Vázquez Blanco: Mobilizámonos.
Nova misa multitudinaria en Carnota. Pero non na igrexa, senón na praza da Pedra da Pedra da Pedra. E non por un veciño, senón polo pasamento do ensino público.
Fantástica a simboloxía na fin de semana de Defuntos da comunidade escolar de Carnota, que volveu saír á rúa para denunciar as problemáticas cos recortes no ensino por parte da Xunta de Galicia.
”Román está con vós”, comezaba a liturxia, en relación ao Conselleiro de Educación. “e co teu espíritu”, respondían os feligreses. “Estamos hoxe aquí para celebrar a misa de saída do noso querido colexio e pola alma da Coidadora do Pindo”, continuaba a sesión chea de retranca, tendo paus para todos: “Señor Rueda, Rei dos Recortes, Dios pai todo poderoso de Galicia, fillo único, O Conselleiro, Señor Román, Cordeiro de Deus, fillo da mentira”.
As plegarias tiveron tamén demandas claras:
Non mandan mestre de infantil, non pasa nada
Non compensan as horas do acordo entre a Xunta e os Sindicatos.
Non pasa nada.
Queda o colexio do Pindo sen coidadora
Non pasa nada.
Queda sin Pediatra Carnota.
Non pasa nada.
Todo baixo un clima tan festivo como reinvidicativo, avisando de que seguirán na loita.