Ao CEIP O Pindo fáltalle Coidadora pero sóbralle educación emocional

Seguen loitando as familias do Pindo por unha educación digna. Onte calificaban como “violencia institucional” a falta de apoio da Xunta para co centro, obviando a necesidade dunha Coidadora para Infantil.
Dende o CEIP consideran que o non envío dunha coidadora para atender de forma prioritaria a un alumno de 4º de Infantil. Unha situación que afecta, directamente, ao neno afectado, pero tamén a toda a aula e a todo o cole.
Un cole que despois das batallas deste convulso comezo de curso, xa é unha familia. Por iso, as crianzas quixeron dar un paso máis, porque “se ao centro lle falta Coidadora, sóbralle educacion emocional”, sinalan dende a ANPA. “Desta volta somos as famílias as que aprendemos xuntas e as que temos a oportunidade de acompañar aos nosos fillos e fillas nas habilidades emocionais de empatizar coas necesidades dos demáis, e no deber de acompañar e acoller uns/has a outros/as...”, explican dende a ANPA.
Así, as criaturas van un paso máis alá. Tras ver o positivo que foi ter unha Coidadora durante unhas semanas na súa aula (era unha Coidadora asignada ao IES Lamas de Castelo, pero que estivo no CEIP mentres o seu alumno asignado estivo de baixa por motivos de saúde), non entenden por que os adultos que nos xestionan retiran apoios inprenscindibles.
Por iso quixeron posar con carteis claros de “non somos números” esixíndolle á Xunta o envío da Coidadora con urxencia. Así llo trasladarán na reunión que a familia do neno terá con nspección este xoves día 31 en Santiago.