24 comunicacións para viaxar de Castros a Castelos polo Olimpo Celta


Francisco Alonso Toucido, Olalla López-Costas, Manuel Gago e Antón Malde, Pablo Ordás, Silvia Cernadas, Antonio Castro Rozados e Javier Castiñeiras serán os poñentes do cuarto bloque do completísimo Programa das Xornadas de Historia e Patrimonio De Castros a Castelos que artella a Asociación Monte Pindo Parque Natual para os vindeiros 1 e 2 de xuño.
8 comunicacións que se unen ás xa programadas nos Bloques I, II e II, e que formarán un compendio total de 24 intervencións neses dous días de recuperación histórica. O Bloque I, que transcorrerá na mañá sabatina, falará de "castros e a romanidade", e contará con especialistas como Rafael Rodríguez, Xurxo Ayán, Luís Cordeiro, Antón Malde ou Felipe Arias. Pola tarde, será sesión para viaxar da tardoantigüidade á Idade Media con Juan Carlos Sánchez, Manuel Gago, Manuel Recuero ou Mario Maceiras. E ao remate das ponencias, debate e visita guiada á Torre dos Mouros.
Para o domingo toca falar de castelos e feudalismo, con Carlos Galbán, Julio Vázquez Castro, Xosé Manuel Suánches, Natalia Conde ou David Chao. Verdadeiros especialistas que dárán paso a unha tarde de domingo que contará con eses 8 comunicadores que viamos ao principio e que terán 15 minutos para facer as súas intervencións, antes de facer unha visita guiada ao Castelo de San Xurxo.
Vemos así a importancia e o nivel destas espectaculares charlas, que serven para facer crecer a semente arqueolóxica prantada o verán pasada coa Primeira etapa do Proxecto Torre dos Mouros, un proxecto feito por e para o pobo.
Fonte e máis información
Novas relacionadas
- Carnota fai medrar a semente da historia coas xornadas de Castros a Castelos.
- Históricas Xornadas “De Castros a Castelos” este verán en Carnota.
- A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo.
- Herdeiros pola Forza: O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.