3 rutas para disfrutar o outono Carnoteando
Interesantísimas as andainas que nos ofrece o Concello de Carnota para os meses de outubro, novembro e decembro, no marco do programa “Carnoteando”.
A primeira será unha ruta circular por O Pindo e Quilmas, para o 23 de outubro, visitando Os Mouchos, O Pindo, Quilmas, o Chan de Lamas e Porto do Pindo.
A segunda ruta será o 6 de novembro por Pedrafigueira, visitando o petróglifo da Laxe Escrita, e aproveitando a senda Verde direción Pedrafigueira, para ver a Fervenza de Pedrafigueira e do Bico do Santo e Nóutigos.
A útima será por Lariño e Lira, para o 11 de decembr, outra ruta circular: con inicio e fin na antiga escola unitaria de Lariño, visitando a Gándara, Martiaño, o Hórreo de Lira, Mar de Lira, apraia de Lariño.
As inscricións serán de balde e formalizaranse neste formulario.