xoves. 08.05.2025
El tiempo

32 especies invasoras ameazan a biodiversidade do Monte Pindo

32 especies invasoras ameazan a biodiversidade do Monte Pindo
32 especies invasoras, como a caléndula, a mimosa ou a uña de gato, ameazan o Monte Pindo

Vén de facer análise do Catálogo de Especies a Asociación Monte Pindo Parque Natural. O Grupo de traballo de Bioloxía da entidade xa ten recollidas 630 especies, algunha endémica como o lirio Iris boisseri, o fento Davalia canariensis, o carballo anano ou a Centaurea corcubionensis.

Pero tamén hai outras especies invasoras, concretamente 32, que poñen en perigo precisamente a supervivencia destas especies protexidas u outras especies autóctonas. Esas especies que supoñen un perigo para a diversidade biolóxica orixina xa están analizadas pero será un problema erradicalas. A acacia ou mimosa, e a caléndula, son algunhas delas, e poden proceder de Asia, Sudamérica, África... Unha das maiores plagas, a Uña de gato, que fóra plantada nunha duna da praia do Ézaro hai uns anos, e malia xa ser acometida, segue invadindo espazos naturais.

Todo no marco dun traballo de investigación e catalogación pioneiro en Galicia, como así llo recoñecía a propia Xunta, que tomará recortes para realizar campañas semellantes de recollida de datos por outras zonas e parques naturais.

Ademais, a AMPPN está traballando na creación dunha APP, unha aplicación para teléfonos móbiles, que recoñeza especies.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios