![premios-foucino-2018]()
Os Premios Fouciño reciben unha pequena axuda da Deputación
A Deputación anunciaba o pasado venres a partida de axudas para festivais audiovisuais da comarca para este ano. E vemos que hai 5 propostas costeiras. Catro propostas xa as coñecíamos (o
Carballo Interplay, o
Fisterra Blues Experience, o
Asalto ao Castelo e os
Premios Fouciño), pero da quinta, a Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da Fin do Mundo” de Carnota , aínda non tiñamos constancia e de feito, dende o concello aínda non poden confirmar se efectivamente se vai levar adiante.
En total son máis de 92.000€ os que chegan para as propostas dos 5 concellos de goberno nacionalista.
Concello |
Festival |
Axuda da Deputación |
CARBALLO |
CARBALLO INTERPLAY |
39.835,53 |
CARNOTA |
MARES DA FIN DO MUNDO - MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA DOCUMENTAL |
4.411,56 |
FISTERRA |
II FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE FISTERRA - FISTERRA BLUES EXPERIENCE |
25.000,00 |
VIMIANZO |
ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO |
22.426,64 |
ZAS |
FESTIVAL DE CINEMA PREMIOS FOUCIÑO |
2.355,93 |
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/fisterra-blues-experience/
https://quepasanacosta.gal/vimianzo-preparase-para-a-chegada-dos-irmandinos/
https://quepasanacosta.gal/?s=interplay&post_type=post
https://quepasanacosta.gal/o-audiovisual-e-a-musica-volven-a-baio-na-iii-edicion-dos-premios-foucino/
Fonte