luns. 05.05.2025
El tiempo

5 novos permex de poliqueto e percebe para a confraría do Pindo

5 novos permex de poliqueto e percebe para a confraría do Pindo

Continúa a Xunta coa política de ampliar o cupo de mariscadores. Se nas pasadas semanas xa outorgaban 2 permex para Fisterra e 12 novos permisos de percebeiros en Muxía, hoxe toca O Pindo.

A Consellería do Mar outorgará 5 novos permisos de explotación á Confraría do Pindo. Destes pérmex, 3 son para a explotación a pé de poliqueto e os outros 2 para explotación, tamén a pé, de percebe.

Solicitudes

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos na normativa que rexe os permex, é dicir, o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día da súa publicación no taboleiro de anuncios da confraría. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.

Comentarios