2 novos Permex para Fisterra


A Consellería do Mar outorgará 10 novos permisos de explotación (permex)para embarcación ás confrarías de A Coruña, Cariño, Portosín, A Pobra e Fisterra. Así á confraría de Fisterra terá 2 permex para embarcación con habilitación para dous mariscadores cada unha para as zonas de libre marisqueo. Esta nova chega despois dos 12 novos permisos de percebeiros outorgados este ano á confraría de Muxía.
Todas estas prazas convócanse despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos. Este incremento de permisos para exercer a actividade é unha mostra máis da aposta da Consellería do Mar pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto de crise económica actual. Todas as prazas se convocan
Proceso de petición de permex
Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día da súa publicación no taboleiro de anuncios das confrarías. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.
Novas relacionadas
- 11-04-11: Novo ataque contra o furtivismo na Costa da Morte.
- 12 novos permisos de percebeiros en Muxía.
- Novas axudas para a venta do Percebe na Lonxa de Malpica.
- O silencio do mar.
Fonte
- Consellería do Mar.