mércores. 30.04.2025
El tiempo

A ruta "Andar ao Mar" complementa a oferta da Mostra Víndemo Ver

Cartel ruta “Andar ao mar”
A ruta "Andar ao Mar" complementa a oferta da Mostra Víndemo Ver

Seguimos debullando o diverso programa dunha das citas da Semana Santa na Costa da Morte. A  XII Víndemo Ver-Mercado da Deputación chega cargada de cousas que facer, entre elas tamén a Ruta BTT ou a ruta Andar ao Mar.

Trátase dunha ruta temática que mezcla deporte, cultura e tradición e que terá lugar o sábado 19 de abril ás 9:30 da mañá dende o concello de Carnota. Habilitaranse autobuses lanzadeira dende o Concello ata o lugar de inicio (Faro de Lariño).

A ruta será lineal de arredor de 12 km e de dificultade media onde os/as participantes e transcorrerá pola beira do mar. Como ven sendo habitual contará con escenas típicas de principios do S.XX protagonizadas pola Asociación Folclórica Ximiela.

A inscrición ten un custe de 3€ por persoa que se ingresará no seguinte número de conta: ES84 2080 0334 8731 1000 0035. No concepto deberá indicarse o nome/s do/s participante/s + Andar ao Mar.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en cronotec.es antes do 14 de abril.
 

Comentarios