Venres. 11.10.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CCL): Recordando O Pindo

A bitácora da semana (CCL): Recordando O Pindo
Grupo Facebook Recordando O Pindo

Para celebrar o 250º espazo que recollemos na rede submariña costeira, volvemos hoxe ao Facebook, porque moitos dos grupos que se crean na rede social máis numerosa entre os internautas da Costa da Morte son auténticas fontes de información. E lembranzas.

Xa coñecimos outros activos grupos como o de "I love Muros" ou o "Fillos de San Marcos" e hoxe facemos o propio no Concello de Carnota coñecendo o recentemente creado Grupo de Facebook "Recordando O Pindo".

A boa xente da ACDR Pedramar do Pindo deixa claro o sentido do Grupo: Este grupo faise con motivo de recopilar fotos para a revista da festa de San Clemente deste ano. Con el, pretendemos, ante todo, romper as barreiras da distancia e que os que están fóra podan mostrarnos as súas si queren que sexan publicadas, pero tamén para os que viven aquí. Das fotos que se poñan aquí, despois a comisión será a encargada de elexir si algunha é apropiada para a revista como se fai cada ano. Engadide novos membros xa que ir un por un é eterno!! Esperamos as vosas fotos!


Bitácoras da Costa da Morte

Aquí tendes o máis completo directorio e listaxe de blogs da Costa da Morte:

Fonte

Comentarios