Luns. 14.10.2024
El tiempo

A cacharela que divide o Pindo

A cacharela que divide o Pindo
Cacharela prohibida na praia do Pindo Cacharela prohibida na praia do Pindo

Volveu o asunto do Parque Natural no Monte Pindo a escea o día menos pensado. A asociación ecoloxista ADEGA denunciaba onte a través do seu twitter o que entende como mala práctica á hora de facer unha cacharela sobre “un espazo dunar na praia de San Pedro do Pindo”. Unha acción que para moitos é visto como unha “acción imprudente”, pero que para os veciños non pasa de ser “o máis habitual”.

A denuncia provocaba que o Concello de Carnota retirase o permiso que xa outorgara á Asociación Cultural, Deportivo e Recreativa Pedramar do Pindo para celebrar o San Xoán.

A entidade vén de anunciar que “suspende e desvincñulase totalmente do encendido da cacharela”, “solicita que o Concello de Carnota retire a cacharela para evitar infraccións” e que “celebraremos a sardiñada na praza da Solaina tal e como estaba previsto”.

Un comunicado oficial moi escueto e sen demasiadas críticas, que non casa de todo co sentir de moitos veciños da vila carnotá. “Por que non queremos Parque Natural? Pois aí tes unha proba directa”, coméntanos algún veciño cabreado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios