A Costa da Morte súmase de novo á Limpeza simultánea de Praias


Non cabe dúbida que na Costa da Morte somos especialistas en limpeza de praias. Non hai máis que pasar polo Pindo a falar co eterno voluntario, Sven, que artella unha limpeza cada dous por tres. E se ben consideramos que este sería un traballo dos concellos ou da Xunta, non podemos senón valorar o esforzo dos centos de voluntarios que se poñen mans a obra para deixar os areias limpos de plásticos, ou chapapote, como temos demostrado.
Un ano máis é ADEGA a promotora desta II Limpeza simultánea de praias con motivo do día mundial dos océanos, que se desenvolverá ao longo de todo o país o vindeiro sábado 8 de xuño. Na bisbarra, como o ano pasado, hai varios puntos onde se fará esta actividade, destacando a presencia de varios centros de ensino. Xa a comezos do verán pasado foran uns 135 alumnos os que recolleran 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte. Este ano a cousa vai por aí, e haberá limpezas artelladas polos seguintes colectivos:
- En Carnota, a mañá do sábado 8 de xuño, organizado por ADEGA-Costa da Morte.
- En Muxía, a mañá do sábado 8 de xuño, no marco do Programa de Voluntariado, que organiza o Concello de Muxía.
- En Fisterra, o venres 7 de xuño, organizado polo IES Fin do Camiño.
- En Laxe, o venres 7 de xuño, organizado polo IES Maximiro Romero de Lema.
Aínda estades a tempo para inscrivirvos nas citas, para axudar a deixar limpas as praias.
Outra Limpeza en Muros en memoria de Suso Pais

Dentro da programación das Festas do Espiritu Santo 2013, o pasado sábado dia 18 e ca organización conxunta da Asoc. Rumial de Campo das Cortes e o Clube de Actividades Subacuaticas "Os Petóns", tiñan previsto levar a cabo a Xornada de Limpeza de Praias "II Memorial Suso Pais", que por motivos climatoloxicos foi suspendida, tendo previsto realizala este sábado dia 25, sendo o areal escollido nesta ocasión a Praia do Ancoradoiro, polo que colaboran no evento entre outras insitutucións e empresas privadas os concellos de Muros e Carnota.
O punto de encontro será o estacionamento situado detras do parque infantil de Lariño, e una vez rematada a xornada, en torno o mediodia, terá lugar unha homenaxe a Suso Pais, activo colaborador das dúas entidades organizadoras do evento e falecido fai dous anos cando practicaba pesca submarina.
Novas relacionadas
- Unha praia Nemiña chea de papaventos negros tamén lembrou á Marea Branca do Prestige.
- Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Limpando os grans de area.
- Nova limpeza voluntaria da praia de Carnota.
- 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
- Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
- “Hoxe, limpamos outro Prestige”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).