Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nova limpeza voluntaria da praia de Carnota

Nova limpeza voluntaria da praia de Carnota

A Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar - Armega) e o voluntario do Prestige, Sven Shwebsch organizan para o vindeiro sábado 25 de agosto unha nova limpeza nun areal de Carnota. Desta volta a actividade realizarase pola tarde, nunha das zonas de auga máis azul e cálida da Costa da Morte.

  • Que?: Limpeza en praia.
  • Quen?: Asoar - Armega, voluntarios do Prestige e tódalas persoas, de calquera idade que queiran participar dunha xornada medioambiental en boa compaña.
  • Cando?: O vindeiro sábado 25 de agosto as 16:30 (en primeira convocatoria) pero se chove a actividade realizarase este domingo.
  • Onde?: na praia de Arbeleiro, na zona sur de Lira (Carnota) o punto de encontro será na antiga fábrica de Arbeleiro, unha nave que se ve dende a estrada principal.
  • Como?: Procederase a limpeza da praia en grupos que se formarán en función das idades e do tipo de lixo que se recolla. Despois da recollida e sucesiva selección do material atopado, deixarase en bolsas e solicitarase ao concello que o pase a recoller.
  • Por que?: Porque tanto Asoar- Armega, voluntarios do Prestige, "Galicia en Color - Rede de reencontros 10 anos despois" e demais personas consideran necesario concienciar sobre a preservación e coidado dos espazos naturais. Porque se entende que con grupos formados por integrantes de diferentes idades se fomenta o intercambio de experiencias, aprendizaxe e valores medioambientais. Preténdese transmitir a mensaxe de que con coidado, todos poden desfrutar das praias e os areais. "Non se trata de limpar, senón de evitar facelo no futuro".

Novas relacionadas

Máis novas

  • 135 alumnos recollen máis de 500 quilos de lixo dos areais da Costa da Morte.
  • Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia.
  • Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
  • Os voluntarios que cambiaron a Costa

    Fonte

    Comentarios