Á hostalería de Carnota préstalle o galego
08:04 01/06/18
O concello vén de poñer en marcha unha campaña de dinamización lingüística en máis de 20 establecementos de restauración do municipio
"En galego préstame máis" é o novo da nova campaña de dinamización lingüística na hostalaría posta en marcha pola concellería de Cultura e Normalización Lingüística do concello de Carnota e que se desenvolverá en máis de 20 establecementos de restauración do municipio, co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no sector, favorecer a oferta positiva do idioma e facer visible a súa presenza.
No marco desta iniciativa o concello de Carnota distribuirá entre os establecementos participantes panos de mesa personalizados con ditos do refraneiro galego, así como carteis, manteis individuais e pousavasos co lema da campaña e cun atractivo deseño no que se reflicten algúns dos elementos máis representativos do municipio, coma o monte Pindo, o
Bico do Santo, a inmensa praia, os hórreos de Lira e Carnota, o patrimonio arqueolóxico ou o faro de Lariño...
Os restaurantes adheridos a esta campaña comprométense a reforzar a oferta positiva do idioma no seu día a día, para o que contarán o asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, coa finalidade de estender o uso do galego na atención ao público, nas cartas e menús, na sinalización e nos elementos publicitarios e informativos que utilicen en calquera soporte.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carnota