mércores. 07.05.2025
El tiempo

A presentación de Lonja na Rede marca o camiño a seguir polas lonxas galegas

A presentación de Lonja na Rede marca o camiño a seguir polas lonxas galegas
Presentacion da Lonja en la red

O polbo da Costa da Morte xa ten marca propia dende a rede. A plataforma lonjaenlared.com xa está en marcha trala presentación da pasada semana como a primeira plataforma de poxa online de pulpo que agrupa a produción de seis cofradías distintas: Fisterra, Corcubión, O Pindo, Lira, Muros e Porto do Son.

A reunión de seis cofradías para comercializar conjuntamente os seus capturas de pulpo supuxo un fito na cooperación entre lonjas e facilitará o acceso a novos clientes que ata o momento non compran directamente na lonja, como grandes superficies comerciais e supermercados tales como Mercadona, Gadisa, Froiz, Eroski, Carrefour ou Alcampo, que xa manifestaron o seu interese no proxecto.

O acto de presentación, presidido pola Conselleira de Pesca e Medio Rural da Xunta de Galicia Rosa Quintana e polo acalde de Fisterra Jose Manuel Traba, serviu tamén para lanzar oficialmente a marca Pulpo de Lonja, coa que a plataforma busca poñer en valor un produto local e de calidade, identificándoo tanto en hostelería como nos lineales de supermercados.

Aínda que o primeiro paso de Lonja na Rede é o de agrupar a produción de pulpo das seis cofradías participantes, as ambicións a medio prazo do proxecto inclúen a ampliación a novas cofradías, como as de Noia e Portosín coas que xa se negocia, e a novas especies.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do GAC.

Comentarios