A Xustiza constata a ilegalidade do peche do Centro de Día de Carnota
En 2013 denunciaba o BNG de Carnota o peche do Centro de Día por parte do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (dependente da Xunta). Un peche que provocara varios meses antes unha gran conmoción na vila e que leva obrigando a ducias de veciños maiores do municipio a percorrer ducias de quilómetros en coche ata os centros de Muros e Cee.
Naquel ano, o pobo de Carnota viu como lle era inxustamente arrebatado un servizo público que loitou moito por conseguir, que financiou e que ademais era moi útil e satisfactorio para os seus usuarios, só 5 anos despois da súa inauguración.
Pois a Xustiza necesita o seu tempo, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estimou a demanda presentada polo Concello contra a decisión do xerente do ente da administración galega. O TSXG declarou a nulidade de pleno dereito da resolución "por ser ditada por un órgano manifestamente incompetente", neste caso o xerente, pois non entraba esta acción dentro das súas facultades. Cabe engadir que a decisión adoptouse igualmente despois de que o Concello reclamara xudicialmente a paralización cautelar do peche.
Que vai pasar agora?
En todo caso, o grupo de goberno considera “pouco probable que despois de dous anos de telo abandonado esta sentenza vaia supoñer a reapertura do Centro de Día de Pedramarrada nas condicións anteriores á resolución que acaba de ser anulada polo TSXG”. Polo que recoñecen que “xa se provocou un dano irreparable a Concello e veciñanza de Carnota”.
Novas relacionadas
- 22-11-13: O BNG de Carnota denuncia o peche definitivo do Centro de Día en medio do proceso xudicial.
- 28-05-13 Conmoción en Carnota polo peche do Centro de Día.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).