Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Asinado o convenio da segunda fase das obras de renovación do alumeado de Carnota

Moma alcalde de Carnota na Deputacion
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde Carnota, Juan Manuel Saborido Rama, e a concelleira Merche Noceda asinaron o convenio
Asinado o convenio da segunda fase das obras de renovación do alumeado de Carnota

Tras asinar a primeira fase o pasado mes de abril, o Concello de Carnota e a Deputación veñen de rubricar o financiamento da sgeunda fase das obras de renovación integral do alumeado público do municipio. Unha achega de 120.000€ para renovar 588 antigas luminarias, a maioría delas de vapor de sodio que pasarán a ser de tecnoloxía LED.

A achega está inserida no Plan de renovación integral do alumeado público municipio, un ambicioso proxecto estatal para renovar por completo estas instalacións e mellorar a eficiencia enerxética do municipio cun investimento global de 1,3 millóns de euros. En total serán 2.336 puntos de luz do municipio os renovados, ademais dos 51 cadros de luz, e conseguir un aforro do 60% na factura.

Calculan que o aforro das facturas (actualmente Carnota paga uns 150.000€ de luz ao ano) será do 60%.

Novas relacionadas

Comentarios