Martes. 15.10.2024
El tiempo

As caídas provocan varios rescates na Moa e no Camiño dos Faros

recsate na moa
Imaxe do rescate na Moa
As caídas provocan varios rescates na Moa e no Camiño dos Faros


O sendeirismo medra, e con el tamén as circustancias. Esta fin de semana as forzas de seguridade tiveron que acodir a realizar sendos rescates por varias caídas.
O pasado domingo Protección Civil de Fisterra e os Bombeiros de Cee acodían á unha zona rochosa entre Arnela e o cabo da Nave para rescatar unha muller que caía mentres realizaba unha etapa do Camiño dos Faros e que tiña unha posible fractura no nocello.

Igualmente, o luns eran os membros do GES de Muros, Garda Civil Protección Civil os que acodían á Moa para rescatar unha persoa que caera e tivo que ser trasladada en camilla, como vemos no vídeo do GES. Foi o segundo rescate no olimpo celta en dous días.

Comentarios