Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota artella un programa de Nadal cheo de actividades divertidas para toda a familia

Cartel Nadal Carnota 2021-22
Carnota artella un programa de Nadal cheo de actividades divertidas para toda a familia

Abriuse a veda e xa os concellos están lanzando a súa programación de Nadal. Como o Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota, que nos amosa o seu programa cultural – lúdico – deportiva para esas datas.

13, 15 e 16 de decembro

Microconcertos de piano, canto, percusión, guitarra e música tradicional da man do alumnado da Escola de Música Municipal. Actividade na ESMU de Carnota, na aula multiúsos, no andar -1 do Edificio Cultural do Viso. (Consultar toda a programación nas redes da ESMU).

17 de decembro

O programa de Noites Espectaculares trae unha sesión de Teatro con Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz, “Papar sen cancelas”. No salón de actos do Concello, ás 21.00 h.

20 de decembro

Presentación do libro “O toque pechado”, de Pablo Seoane. Levarase a cabo no Centro Sociocultural do Viso, na aula multiúsos, no andar -1, ás 18.00h.

22 de decembro

Torneo de deportes de raqueta (tenis, tenis de mesa e bádminton). Para rapazada de 1º de primaria en adiante. No Pavillón de Lamas de Castelo, de 10.30h a 14.00h. Imprescindible inscrición previa antes do 15 de decembro.

Ademais, haberá Recepción de Papá Noel para toda a rapazada. Na caseta de Turismo, de 19:00 h a 21:00h. Haberá unha chocolatada, que correrá a cargo da ANPA do CEIP de Carnota, na praza mentres se esperan as quendas para que Papá Noel nos reciba.

23 de decembro

Teatro e música cos Apalpadores, “Papá Noel e os seus elfos”. Actividade para rapazada dende os 3 aos 10 anos. No salón de actos do Concello ás 11.30 h.

27 de decembro

Iulius XIII presenta o seu “Atípico concerto de Nadal”. Música en directo para público familiar, sen límite de idade. No salón de actos, ás 11.30 h.

28 de decembro

Tarabelos Teatro, “Un nadal cheo de contos”. Sesión de monicreques de mesa e contacontos para rapazada de 3 a 9 anos. No salón de actos, ás 11.30 h.

29 de decembro

Lilá Teatro co espectáculo “O Cachopo máxico”, unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes galegos máis antigos, que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais. No salón de actos do Concello, ás 11:30 h; para público familiar.

30 de decembro

Musicreques con “O quebranoces”, conto musicado para bebés de ata 4 anos. No salón de actos do Concello, ás 11.30 h.

3 de xaneiro

Mere Clown con “O Axudante de Papá Noel”. Actividade de teatro circense da man de Moc Moc, para público familiar. No salón de actos do Concello, ás 11:30 h.

4 de xaneiro

Xandobela con “Contos e Cantos para o tempo de Nadal”. Actividade teatral e musical para público familiar e rapazada maior de 4 anos. No salón de actos do Concello ás 11:30 h

5 de xaneiro

Un trenciño visitará as 5 parroquias coas Súas Maxestades ao longo do día. A rapazada poderá subir e pasear cos Reis pola parroquia dentro do tren durante uns minutos. Terán tempo para falar con eles, recoller doces e saudar a familiares e veciñanza dende o tren. O tren dispón de 23 prazas e realizará as seguintes paradas: O PINDO (no Porto sobre as 11:00 h), SAN MAMEDE (no Campo do Viso sobre as 12.30 h), LARIÑO (no Centro Social Xosé de Torea sobre as 15:30 h), LIRA (diante da Casa do Mar sobre as 16.30 h) e CARNOTA (diante do Concello sobre as 18:00 h). AS HORAS SON APROXIMADAS.
Ademais, hai festa con animación e discoteca móbil, a partir das 5 da tarde, no Pavillón de Carnota. Ás 19:00 h, chegarán as Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e nenas de Carnota.

Máis novas do Nadal

Comentarios