luns. 19.05.2025
El tiempo

Carnota convertirase en Ibiza esta noite

Carnota convertirase en Ibiza esta noite
Certo é que as comparacións son odiosas, pero a que vimos de facer será válida só por esta noite. I é que hoxe celébrase en Carnota, da man do Café do Mar, un festival ibicenco pero á galega, é dicir con churrasco, moita bebida e diferentes estilos musicais. A cita comeza sobre as 21:00h desta noite de venres, con churrasco a cargo do Café do Mar, que tamén se encargará de refrescar as gorxas ata ben entrada a madrugada. E coa comida e a bebida sérvese a música, que virá da man dos dj’s MD-Project, que son os creadores do evento xunto co Café do Mar, dj Rakso dende A Laracha, dj Fher dende Santa Comba, Ovi Martínez dende Santa Comba e Radio Negreira, Martín Romero de Groovesound FM, e Fisterra’s Mafia. Tamén haberá algunha sorpresa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)

Comentarios