Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carnota despide o mes das letras cunha obra de teatro e unha camiñada pola lingua

Carnota despide o mes das letras cunha obra de teatro e unha camiñada pola lingua
O concello de Carnota despide o mes de maio cunha fin de semana con varias actividades. A primeira das citas é mañá, ás 20:30 horas, no salón de actos do concello. Alí estará o elenco de Talía Teatro para representar a obra "Bicos con lingua"; un espectáculo teatral en clave de comedia que invita á reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Esta obra, que se enmcarca dentro da programación cultural "Maio, mes das letras" está dirixida a maiores de 13 anos e a entrada é de balde. A seguinte cita é o domingo para facer unha "Camiñada pola lingua". Este roteiro circular, duns 11 quilómetros, partirá ás 09:30 horas dos muíños de Vadebois para dende alí dirixirse a Panchés a A Curra onde se lerá un manifesto a prol da lingua galega. Ésta tamén é unha actividade do programa cultural "Maio, mes das letras". E xa o xoves, 31 de maio, a praza da Solaina do Pindo acolle de 11:00 a 114:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas o obradoiro "O que se enchufa, recíclase", organizado pola Xunta de Galicia, e a través do cal se informa á veciñanza sobre que facer cos aparellos electrónicos e eléctricos en desuso. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios