Carnota inaugura o novo Local de Ensaio e mellora a Casa do Concello

07:05 24/03/17

Esta mesma tarde terá lugar unha Xuntanza musical en Carnota. Unha cita que servirá para estrear o local de ensaio. Gracias á axuda da Deputación, o Concello amañou un local municipal que estaba en desuso e sen actividade para unha fin cultural e concreta. O local, sito en Lamas de Castelo, pasa a ser unha Casa da Xuventude e Local de Ensaio para grupos e artistas musicais.
Remodelación da Casa do Concello

Tamén gracias ao financiamento da Deputación da Coruña, que achegará un total de 89.600 € para a execución da obra (o 80%), a Casa do Concello verá mellorada a zona este do edificio que inclúe a sala de actos e plenos, biblioteca e espazos destinados a ADL.