domingo. 10.11.2024
El tiempo

Carnota lanza o Concurso Escolar de Microrrelatos polo Día das Escritoras,

bases_concurso_diadasescritoras en Carnota
Carnota lanza o Concurso Escolar de Microrrelatos polo Día das Escritoras,

O 18 de outubro celébrase O Día das Escritoras. Unha data que lembra a Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

A iniciativa chega á comarca da man da Biblioteca Escolar do IES Lamas de Castelo, a Libraría Chorima e o Concello de Carnota, que convocan o I Concurso Escolar de Microrrelatos Día das Escritoras, dirixido ao alumnado dos centros educativos do municipio.

O certame xirará sobre “Ler as idades da vida”. Establécense catro categorías diferentes e un premio para cada unha delas, que consistirá nun lector de libros electrónicos, un libro en formato impreso e mais un lote de material escolar. Os traballos poderanse entregar na biblioteca de cada un dos centros escolares ata o 14 de outubro de 2021.

O xurado, formado por unha representante da Libraría Chorima, unha profesora de Lingua Galega do IES Lamas de Castelo e unha representante do Concello de Carnota (SNL/Axencia de Lectura Municipal), dará a coñecer o seu fallo o 18 de outubro de 2021, data escollida para a celebración do Día das Escritoras en 2021.

Comentarios