Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría
A semana pasada o Centro de Saúde de Carnota volvía quedar, unha vez máis, sen pediatra. Unha situación que obriga ás familias a acodir ao Centro de Saúde de Muros, aumentando o cupo dos profesionais e sobresaturando o centro muradán.
De aí que o Concello enviase un escrito á Consellería de Sanidade pedindo que solucione o problema, e que se cubra a baixa do pediatra. De feito, o Concello xa se puxo en contacto coa área sanitaria e a resposta foi o mantra de sempre, e que desmentían dous profesionais a semana pasada nos #DirectosQPC: "non hai profesionais".
Nese escrito, adxuntas irán as sinaturas recollidas gracias ao empeño dun grupo de familias, que teñen repartidas follas de firmas por todo o Concello.
Todo o que queira, pode acodir a un destes establecimentos, para deixar constancia, coa súa sinatura, o seu malestar co SERGAS:
- Farmacia O Pindo.
- Super Covirán O Pindo.
- Quilmas Ultramarinos.
- Casa Ana de Caldebarcos.
- Super O Grilo.
- Casa Medes.
- Cadena 100.
- Concello.
- Peluquería Loli.
- Estanco.
- Mercería.
- Super Os Portos.
- Librería.
- Carnicería Muíño.
- Super de Marcelo.
- Farmacia de Lira.
- Cas Louro.
- Cesta da Froita.
- Flores Maribel.
- Bar O Cuberto.
- O Sabino.
- Xalomar.
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- 13-10-2020: Carnota volve quedar sen pediatra nesta complicada tesitura.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.