Carnota, Muxía e Zas limpan os seus ríos


Esta fin de semana realízase en toda Galicia unha xornada de limpeza voluntaria de ríos simultánea. I é que os voluntarios son os protagonistas desta clase de iniciativas conservacionistas, como podemos comprobar coas sesións de limpeza de praias polos areais da bisbarra.
A desta fin de semama é unha limpeza que se dará en 34 concellos, en 34 ríos, entre os que atopamos algún da Costa da Morte. É no marco do Proxecto Ríos, artellada por ADEGA, os ríos de Carnota, Muxía e Zas recibirán unha lava de faciana da man dos voluntarios.
E o fan a través dos seus Concellos en Muxía e Zas mentres que en Carnota a organiza a Coop AE Rainha Lupa e a Plataf. Veciñal pola Defefensa do Patrimonio de Quilmas.
Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos dende o 2008 de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores. Esta é a V Limpeza Simultánea de Ríos, “Móllate polos ríos”. A cita será o domingo 30 de setembro, dende a mañá. O río necesítate.
Máis información
Se queren inscribirse e participar na limpeza, poden poñerse en contacto coas organizacións:
- Carnota, Coop AE Rainha Lupa. Lucía: 981 760 227.
- Muxía, Concello de Muxía. José: 661 925 367.
- Zas, Concello de Zas. Oscar: 981 70 83 03.
Novas relacionadas
- Unha ollada ao estado de saúde dos ríos da Costa da Morte.
- # Mark Adkinson, presidente de AEMS-Ríos: De quen son os ríos?
- Limpando os grans de area.
Fonte
- Adega.