Domingo. 13.10.2024
El tiempo

"En Carnota non hai gromo de covid19"

Carnota dende o mirador de Mouredo
Carnota dende o mirador de Louredo
"En Carnota non hai gromo de covid19"

Continúa afectando esta nova ondada de covid-19 na Costa da Morte. Seguen contándose os casos, gracias apenas ás confirmacións de varios Concellos da comarca, unha vez que dende o Sergas non ofrecen información á prensa.

No caso de Carnota, o Concello, a raíz de varios rumores que estiveron estendendo estes días polas redes sociais, quixo confirmar coa Consellería de Sanidade como está a situación. A propia Consellería confirmou ao alcalde Juan Manuel Saborido “Moma” que “no concello de Carnota non hai a día de hoxe ningún gromo activo de Covid-19”, unha vez que se “considera gromo o contaxio de 3 ou máis persoas, resultado do mesmo foco”.

Segundo o Sergas non hai ningún positivo no Concello carnotán, pero esa situación dase porque hai persoas que viven a cabalo entre Carnota e outra cidade, e ao teren a tarxeta sanitaria nesa cidade as cifras aumentan por aí. Así, o Concello ten “a confirmación de 2 persoas afectadas, que se atopan cumprindo estritamente os protocolos pautados polo Sergas, tanto elas como os seus familiares e contactos”.

Dende o Concello agradecen “o comportamento exemplar” da veciñanza, e tamén fan un “un chamamento á calma e á prudencia á hora de darlle veracidade e difusión a informacións sen contrastar, que xeran un medo innecesario na poboación.”

En todo caso, aínda non se pode baixar a garda, tendo en conta que a fin de semana do 15 e 16 foi un auténtico “boom” turístico na zona, e Carnota concretamente estivo moi chea, polo que en breve poderían comezar a aparecer novos casos.

 

Novas dos últimos gromos

Comentarios