Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Carnota prepara unha nova Feira de Produtos Locais

Carnota prepara unha nova Feira de Produtos Locais
Feira Produtos Locais Carnota Xullo 2013

Cada mes temos un par de citas onde os produtos locais son os protagonistas en Carnota. Para esta fin de semana tiñamos dúas novas citas, pero por mor do azote do temporal da semana pasada, o Mercado Ecolóxico de Quilmas ten que retrasarse. I é que o nordés botou abaixo os teitos dos invernadoiros da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa, polo que retrasan o seguinte dos 9 mercados ecolóxicos en forma de pléiades deste 2013 ata o vindeiro 14 de xullo.

A que si estará aberta será a Feira de Produtos Locais de Carnota este vindeiro sábado día 6 de xullo na Praza de Carnota. Unha feira chea de vantaxes:

  • No mercado local a calidade é máxima.
  • O produto é fresco.
  • Hai un contacto directo entre produtores e consumidores.
  • É un lugar para toda a familia, así a compra é máis divertida.
  • Os alimentos son máis sans.
  • Hai alimentos propios de cada estación.
  • É un apoio á economía local (gañamos todos).
  • Todo ten mellor sabor.
  • Ir ao mercado é mellor para a saúde.

E logo da voa acollida do sorteo da edición anterior, vaise sortear unha cesta valorada en 50 €. O sorteo será entre as 13 e as 14 horas, e para ter dereito ao obsequio e necesario estar presente, no caso de non aparecer o agraciado volverase a sortear. A cesta consta de produtos que se venden na propia feira: peixe, froita, planta ornamental, hortalizas, artesanía etc.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios