Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Carnota prepara a súa Axenda Cultural de Verán

Tríptico VERÁN Carnota 2024
Carnota prepara a súa Axenda Cultural de Verán

Achégase o verán, as vacacións e o bo tempo. Para gozar disto, o Concello de Carnota xa argallou unha ampla programación con propostas lúdicas, repartidas nos meses de  xullo e agosto. Para a maioría delas non hai que inscribirse previamente.

 Algunhas actividades poden sufrir modificacións ou cancelacións, e incluso haberá algunha máis das que aquí aparecen por circunstancias puntuais, do que se avisará  a través da web do Concello (www.carnota.gal) ou da páxina de Facebook. 

Tríptico VERÁN Carnota 2024 2

XULLO

  • Todo o mes, polas mañás. Campamento de conciliación “Aldea de Verán”, organizado polo Departamento de Igualdade do Concello, para rapazas e rapaces de 3 a 12 anos. 
  • Do 01 ao 12. IV Campus de Fútbol das Escolas de Fútbol de Carnota, para rapazada nada entre 2009-2017, en horario de 10.00h a 13.00h. Inscrición previa e máis información nos teléfonos 615416137/ 660830982.
  • Venres 05: Teatro familiar en Lariño. “Maaaaais Saaabor” con Fran Rei, ás 21.30h
  • Martes 09. Contacontos “O aniversario de Don Pericón”, de Marisa Irimia. No campo do Viso, ás 12.00 h. 
  • Mércores 10. Visita guiada por Lira. Saída ás 9.30 h dende Mar de Lira . Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.
  • Venres 12. II Festa do Verán, en Pedrafigueira, a partir das 22.00 h.
  • Domingo 14. Teatro con Quico Cadaval: “Cadaval conta vacas, guerras, porcos e cregos”, na contorna do Hórreo de Lira, ás 21.30 h.
  • Mércores 17. Subida guiada á Moa. Saída ás 9.30 h dende O Fieiro. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com
  • Xoves 18. Contacontos ilusitrado de Polo Correo do Vento sobre a figura de Luísa Villalta, no Campo do Viso, ás 12.00 h.
  • Xoves 18 e Venres 19. Sardiñada e Festa en Caldebarcos (AAVV Xurde Caldebarcos)
  • Sábado 20. Festa gastronómica con produtos locais do mar, organizada pola Confraría de Pescadores de Lira, coa actuación da Coral Polifónica MAR DE ARDORA DA ESMU de Carnota. A partir das 12.00 h en Portocubelo
  • Sábado 20 e domingo 21. Encontro Monte Pindo. Inscricións e máis información no 699171088 (Asociación Pedramar do Pindo).
  • Martes 23. Contada musical con Paco Nogueiras “Canto contigo”, no Campo do Viso, ás 12.00 h.
  • Mércores 24. Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas. Saída ás 21.30 h do miradoiro de Lira. Inscrición previa e máis info en www.turismocarnota.com.
  • Martes 30. Teatro familiar de Rúa con Vero Rilo e Luis Iglesias:  “Cacho animalada”, ás 21.00h, na Praza da Solaina do Pindo.
  • Mércores 31. Visita audioguiada polo pobo do Pindo, ás 10.30 h na Confraría do Pindo. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

 

 

Comentarios