Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Carnota recupera o saber popular cos seráns

Carnota recupera o saber popular cos seráns
Co obxectivo de recuperar a tradición oral, a concellería de Igualdade e Benestar do concello de Carnota volviu a organizar os seráns nas que veciños e veciñas do municipio se xuntan para recuperar historias e a música e o baile tradicional. "Xuntámonos para cantar, bailar e para compartir todos os xuntos as frías tardes-noites do verán", aclara Belén Campos concelleira de Carnota.
  E para dar a coñecer estas xuntanzas, todos os luns ás 22 horas publicarase na páxina de Facebook do concello de Carnota un video dos seráns que se realizaron durante o 2015 e o 2016 na casa da Mariñeira. Na primeira entrega, que foi o pasado luns día 23 de xaneiro, os protagonistas son Manolo do Armeiro e María de Fetós que recrean o pasado narrando como eran as fiadas, pandeiretas e regueifas dos seus tempos mozos. O programa segue en marcha durante este 2017. "Queríamos que os seráns fosen unha alternativa ao aburrimento do inverno, pero observamos que a xente maior é mais reticente a saír das súas casas en épocas de frío; polo que este ano os seráns farémolos época do bo tempo", di Belén Campos.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios