Venres. 04.10.2024
El tiempo

Carnota tamén abre as portas 24h ao día coa Sede Electrónica

Carnota tamén abre as portas 24h ao día coa Sede Electrónica
Sede Electrónica do Concello de Carnota

Xa abrimos as portas dos Concellos de Cabana e Vimianzo, e a piques estamos de facelo do de Ponteceso e outros 5 concellos máis da bisbarra. Pero hoxe paramos en Carnota para abrir este necesario servizo burocrático municipal en pleno século XXI.

https://sede.carnota.es/gl/ é a dirección da sede electrónica do Concello de Carnota. Aínda non ten, pero terá en breve, acceso dende a web municipal concellodecarnota.com, e a través desta plataforma virtualos veciños do municipio poderán realizar trámites administrativos desde a casa as 24 horas do día e os 365 días do ano con todas as garantías legais, de confidencialidade e seguridade.

Esta sede permite, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar expedientes, e os usuarios só precisarán o DNI electrónico ou un certificado electrónico, de xeito que se manteñen todas as garantías legais, así como as de confidencialidade e seguridade.

O investimento da institución provincial para pór en marcha toda a plataforma é de 177.000 euros, o mesmo que tería que realizar cada administración local por separado. Con esta plataforma provincial, para os concellos non suporá ningún custe implantar as sedes electrónicas nos seus municipios.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios