![pindo1]()
Duras foron as condicións meteorolóxicas coas que se atoparon os
316 participantes no
V Trail Monte Pindo, organizado pola
Asociación Monte Pindo Parque Natural. Destes, un total de 280 conseguiron rematar a proba.
O evento, que tivo lugar o pasado sábado 13 de xuño, comezou nunha tarde de ceos cubertos; máis a climatoloxía foi cambiando a medida que os participantes ascendían os 627 metros que os separaban do punto de partida. Segundo ían gañando altura os participantes atopáronse cunha
mesta néboa de choiva e ventos, máis propios do inverno que duns días previos ao inicio do verán. Desta forma, á dureza da probra sumáronse as adversidades do tempo que provocaron que o chan estivese especialmente esvaradizo (sobre todo nos tramos de granito).
En canto aos tempos, Luis Calvo Castro (Negreira),
Luis Martínez Comesaña (Nigrán) e
Samuel Saborido Soñora (Dodro) completaron o percorrido en dúas horas e dez minutos, cunha diferenza duns 30 segundos, entre cada un deles.
O primeiro clasificado da Costa da Morte foi o vimiances Damian Espasandìn, de DAFIT entrenamento persoal, que acadou un meritoio 31 posto.
Segundo informan dende a organización, a proba contou cunha alta participación feminina. A mellor clasificada foi a coruñesa
Almudena Suárez Pazos, 58ª na xeral cun espectacular tempo de 2 horas e 50 minutos, sendo a primeira veterá a viguesa
Margarita Beiro González; mentras que
o terceiro posto desa categoría para a ceense
Belén Pérez Martínez. O primeiro veterán masculino foi o redondelán
César Santos Barciela, que conquistou nada menos que o oitavo posto da xeral. Dentro dos corredores locais, salientar a magnífica participación dos
Praia de Carnota Runners, equipo
amateur conformado por unha ducia de veciños da contorna carnotá, que lograron situarse en torno ao posto cen e por debaixo das tres horas, tempos absolutamente brillantes tratándose da xa considerada
proba raiña dos trails galegos e non sendo profesionais. O resto dos resultados pódense consultar
aquí.
![pindo2]()
Os premios a todos eles, obra do artesán local Nacho Porto, foron entregados en nome de GMTA
José Moutinho, en nome de Monte Pindo Parque Natural
Mario Maceiras e polo alcalde de Carnota
Ramón Noceda, reelixido como tal esa mesma mañá.
Novas relacionadas