venres. 02.05.2025
El tiempo

O Trail Monte Pindo, o máis duro de Galicia

O Trail Monte Pindo, o máis duro de Galicia

Puideron comprobar os membros do Raid máis esixente do mundo. A dureza da subida ao Monte Pindo é evidente e este ano a poderán sufrir, e gozar, os participantes dos dous trails que haberá este verán no Olimpo Celta: o do Encontro da Asociación Pedramar e o da Asociacion Monte Pindo Parque Natural e a GMTA.

Precismente hoxe, Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA) e Asociación Monte Pindo presenta o V Trail Monte Pindo, que se celebrará o 13 de xuño de 2015 e que en adiante levará o subtítulo "O Trail máis duro de Galicia".

Novo percorrido e medios

A primeira serie de cambios son de percorrido. A saída, ás 17:30h, e a meta volverán á estar na praza da Solaina, en pleno corazón do Pindo antigo, para percorres uns 23,5km, con pendentes de ata un 30% e esixentes baixadas. Haberá moitísimo menos asfalto, pasando por cerca de monumentos naturais e accidentes xeográficos espectaculares, pasando e recuperando así varios camiños tradicionais.

Ademais, a idea é que os participantes completen a experiencia quedando na zona. Este ano e por primeira vez a organización negociou cos aloxamentos da zona un prezo exclusivo de 25 euros por habitación e noite para os participantes do V Trail Monte Pindo, para asi lograr que permanezan un día máis no Concello a disfrutar das praias, o patrimonio, a gastronomía ou simplemente tomar algo na zona sen os apuros do día da proba.

Inscricións

As inscricións xa están abertas, e centos de deportistas están xa a prepararse en toda Galicia para tratar de atravesar a meta da Solaina pulverizando as súas marcas personais, e quen sabe se tamén as colectivas.

Limpeza voluntaria

E para ir preparando o camiño, este sábado 30 de maio, a partir das 10:00h na Igrexa do Pindo, o voluntariado polo Monte Pindo terá unha nova cita para seguir coa limpeza do camiño tradicional O Pindo-Quilmas, para concluír uns 350m restantes co gallo de estrealo precisamente mediante a súa incorporación ao percorrido do V Trail Monte Pindo.


Novas relacionadas

Comentarios