Martes. 15.10.2019
El tiempo

O CF Lira celebra os seus 40 anos cun programa tremendamente especial

O CF Lira celebra os seus 40 anos cun programa tremendamente especial
O CF Lira celebra os seus 40 anos cun programa tremendamente especial

Será o sábado 20 de xullo un día especial en Lira. O Club de Fútbol Lira celebra o seu 40 aniversario, e faino cunha festa por todo o alto, que pretende recuperar toda a historia que leva detrás. Así o refrendamos, formando parte dun grupo de juasap que ferve de anécdotas e imaxes con máis de 150 lendas do fútbol costeiro que vestiron algunha vez a camisola do Ajax da Costa.

O evento comezará na Lonxa de Portocubelo coa inauguración dunha exposición fotográfica. A partir das 12:00h, Ubaldo Cerqueiro (QPC) presentará o acto de homenaxe aos socios fundadores e o nomeamento a Piteiro como presidente honorífico do club liracho.

Xa pola tarde, toca partidazo entre aquel Lira Campión da Copa da Costa 1996, contra unha Selección Histórica do Lira. Unha cita para non perderse en Lombáns, con inchables para que os nenos poidan cansarse.

Xa pola noite, cea comunal para celebrar esta cita singular.

Novas relacionadas

Comentarios