Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Coller sen permiso é roubar”: A campaña das confrarías de Carnota contra o furtivismo

  • Os pósitos afrontan esta batalla diaria contra o furtivismo coa axuda da veciñanza e as forzas de seguridade.
Mariscadoras do Pindo e Lira contra o furtivismo
Mariscadoras do Pindo e Lira contra o furtivismo
“Coller sen permiso é roubar”: A campaña das confrarías de Carnota contra o furtivismo

Por Corme a idea é conseguir un dron para o vixilante. Polo sur da comarca, as confrarías do Pindo e Lira, xunto co Concello de Carnota, apostan pola educación e a concienciación para acabar contra o furtivismo.

Un tema fundamental, que está afectando moito a xente que traballa no marisqueo, e que mesmo ten provocado situacións surrealistas como o ongreso en prisión dun percebeiro por defenderse de varios furtivos. O esquecemento por parte da Xunta da Reserva Mariña dos Miñarzos foi unha das consecuencias do impacto, cada vez máis grande, desta problemática.

Así, os dous pósitos carnotáns arrincan unha campaña de sensibilización arredor do furtivismo, centrada na difusión e formación sobre o traballo que fan as mariscadoras. Unha das accións son estas singulares camisetas para repartir entre os mariscadores das entidades e concienciar á sociedade.

Pero hai moito máis.

Un problema diario

As confrarías, a raíz da petición da Confraría do Pindo, levan tratando varios meses o asunto de raíz. I é que a cousa é tan grave que o Plan do Percebe cada vez se acorta máis porque os profesionais non teñen apenas espazos onde traballar. “Dous días antes da apertura do percebe xa non queda nada”, sinalan dende o pósito, que sofren o problema “día tras día”.

Levan xa 2-3 meses cunha crúa campaña de acoso ao furtivo, contando coa Policía Municipal, a Garda Civil e Gardacostas, que desta volta si que están respostando (cómpre lembrar que levan 3 anos sen vixilante). Cada profesional, e mesmo moitos veciños, están denunciando, chamando ás forzas de seguridade, sacando fotos, apuntando matrículas… ata o punto de xa cazaron algún furtivo en plena faena.

Pero de fondo hai unha problemática social moi grave, pois as ameazas (como “sei de que color é o teu coche”) son continuas, polo que a concienciación é necesaria dende a base.

De aí a charlas que por exemplo o patrón maior de Lira e a Secretaria da do Pindo realizaron coa rapazada do Campamento municipal. Unha charla na que os rapaces recoñecían non saber o que era o furtivismo. Púxollo claro o patrón: “Roubar sabedes o que é, verdade? Pois o que vai a praia e colle o que non é seu é un ladrón”.

Agora, mentres esperan a cartelería para colocar en todas partes, continúan con campañas para a mocidade, con limpezas de praia, tamén para adultos, pero tamén relacionándoas co furtivismo.

Coller sen permiso e roubar-Campana contra o furtivismo

Dous tipos de furtivismo

Dende os pósitos diferencian dous tipos de furtivisimo. O “furtivo caseiro”, que aínda non se dá conta de que o é, que non se dá concienciado de que o mar, aínda que é de todos, os recursos non son de todos; E o especializado, por exemplo, no percebe, xa armado para traballar como un verdadeiro profesional, pero con alma esquilmadora.

Novas relacionadas

Comentarios