Venres. 26.04.2024
El tiempo

O completo calendario para disfrutar un verán de cine en Carnota

Programa Veran Carnota 2023 1
O completo calendario para disfrutar un verán de cine en Carnota

O Departamento de Cultura, Turismo e Deportes vén de presentar o completo calendario de actividades para o verán 2023, sumando ás actividades municipais tamén algunhas programadas por asociacións ou comisións de festas.
Para a maioría delas non hai que inscribirse previamente.

Programa Veran Carnota 2023 2

XUÑO

- Venres 02. Documental e coloquio “Doe o Courel” de Xacobe Meléndrez, no local da Asociación Canle de Lira, en Portocubelo ás 21.00 h.

- Venres 09. Exhibición e obradoiro de danza no marco do programa “Escora danza”. Ás 17.30 h na Praza da Solaina do Pindo, obradoiro de danza; e ás 20.00 h, espectáculo de rúa en Portocubelo, Lira. Para todos os públicos.

- Domingo 18. XXX Carreira das Areas, na contorna do Hórreo de Carnota. Inscrición e máis info en www.correndopolacostadamorte.com.

- Domingo 18. Concertos e festa na contorna do Hórreo de Carnota, ao finalizar a Carreira das Areas, da man de MimáTruck. Acturá un grupo de versións do pop-rock español de todos os tempos, Leite con Jalletas, e logo o DJ Rubén PB. Haberá paella feita en directo para as persoas asistentes na hora da comida. A partir das 13.30 h.

- Luns 19. Concerto fin de curso da Escola de Música Municipal no Local da Asociación Pedramar, no Porto do Pindo, ás 18.00 h.

XULLO

- Todo o mes, polas mañás. Campamento de conciliación “Aldea de Verán”, organizado polo Departamento de Igualdade do Concello, para rapazas e rapaces de 3 a 12 anos.

- Sábado 01. I Festa do Verán, en Pedrafigueira, a partir das 22.00 h.

- Do 03 ao 14. III Campus de Fútbol das Escolas de Fútbol de Carnota, para rapazada nada entre 2008-2016. Inscrición previa e máis información nosteléfonos 660830982/615416137. 

- Martes 11. Teatro familiar: “Os contos de Atenea”, de Xarope Tulú. No campo do Viso, ás 12.00 h.

- Mércores 12. Visita guiada por Lira, ás 9.30 h en Mar de Lira. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

- Do 18 ao 28. I Campus de Tecnificación Gabriel Lago, coa colaboración do CF Lira. Máis información no teléfono 622212686.

- Mércores 19. Visita guiada polo monte Pindo, con subida á Moa. Saída ás 9.30 h dende O Fieiro. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

- Venres 21. Teatro con Marta Doviro: “Memorias dunha rapasa da Costa”, na contorna do Hórreo de Lira, ás 21.30 h.

- Venres 21 e Sábado 22. Sardiñada e Festa en Caldebarcos (AAVV Xurde Caldebarcos)

- Sábado 22. Festa gastronómica con produtos locais do mar, organizada pola Confraría de Pescadores de Lira, coa actuación musical do grupo Xeitura. A partir das 12.00 h en Portocubelo

- Mércores 26. Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas. Saída ás 21.30 h do miradoiro de Lira. Inscrición previa e máis info en www.turismocarnota.com.

- Xoves 27. Contacontos con Marisa Irimia, no Campo do Viso, ás 12.00 h.

- Venres 28. Teatro familiar de Rúa cos Ghazafellos: “As minas do Rei Salomón”, ás 21.00h, diante do Centro Social de Lariño

- Sábado 29. Festórreo en Lira, organizado pola Asociación Canle. Día (e ata ben entrada a madrugada) completo de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas. Máis información en canle.org.

- Sábado 29 e domingo 30. Encontro Monte Pindo. Inscricións e máis información no 699171088 (Asociación Pedramar do Pindo).

AGOSTO

- Todo o mes, polas mañás. Campamento de conciliación “Aldea de Verán”,organizado polo Departamento de Igualdade do Concello, para rapazas e rapaces de 3 a 12 anos. Inscrición previa (prazo de inscrición pendente de determinar).

- Mércores 2. Visita guiada polo monte Pindo, con subida á Moa. Saída ás 9.30 h dende O Fieiro. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

- Sábado 5. Festa gastronómica con produto local organizada pola Confraría de Pescadores de Lira. Será en Portocubelo a partir das 12:30 h. Sobre as 13.30 h actuará a agrupación e coro “Cantigas e Agarimos” .

- Luns 7, martes 8 e mércores 9. Festas de San Mamede, con diferentes actividades deportivas, lúdicas e culturais (Asociación Relámpago de San Mamede).

- Mércores 09. Visita guiada nocturna ao petróglifo das Laxiñas. Saída ás21.30 h do miradoiro de Lira. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

- Xoves 10.Contacontos con Raquel Queizás, no Campo do Viso, ás 12.00 h.

- Venres 11. Teatro familiar de Rúa cos Fantoches Baj: “O Tranvía Leonardo”, ás 21.00h, na Praza da Solaina do Pindo.

- Sábado 12. Carreira a Pé de Lira, organizada pola Asociación Cultural Canle. Toda a información en canle.org.

- Sábado 12 e domingo 13. Sardiñada e festas no Pindo. 

- Mércores 16. Visita guiada por Lira, ás 9.30 h en Mar de Lira. Inscrición previa e máis información en www.turismocarnota.com.

- Venres 18. Teatro de autor con Avelino González: “Debullando historias”, na contorna do Hórreo de Carnota, ás 21.30h.

- Martes 22. Os Contos de Pablísimo, no campo do Viso, ás 12.00 h.

- Mércores 23. Visita guiada por Caldebarbos. Saída ás 9.30 h da antiga escola infantil. Inscrición previa e máis info en www.turismocarnota.com.

- Venres 25. Maxia de rúa con Joshua Kenneth, sobre as 19.00 h en Mallou.

- Venres 25. Festa da Cachelada de Mallou, con diferentes actividades lúdicas, culturais e gastronómicas (Asociación Pedras da Area).

Comentarios