Continúan as fins de semanas cheas de sendeirismo pola Costa
Esta fin de semana o sendeirismo volve ser un dos protagonistas. Bocata, auga ao lombo, unhas boas botas e roupa cómoda para percorrer a bisbarra, a pé. E descubrindo segredos ás que non se chega en 4 rodas, iso dende logo.
Así, o concellos de Camariñas, Carnota e Ponteceso acollerán sendas rutas de sendeirismo durante a fin de semana, cun intercambio de experiencias entre concellos máis que interesante.
E o fan unha semana despois de que fóra o Concello de Corcubión o que organizase unha Xornada de Sendeirismo por Muxía. 12 quilómetros de achádegos e convivencia que contaron ademais coa, sempre especial participación dos amigos de Aspadex.
Aí vemos a foto de equipo en Moraime.
Ruta vimiancesa por Camariñas
Se xa fumos da man do Concello vimiancés pola ribeira do río Grande, hoxe agarramos o autobús e imos ata Camariñas, continuando co programa de rutas artellado entre o Concello de Vimianzo e os de Camariñas e Ponteceso.
A ruta percorrerá o litoral da vila do encaixe e subir ó monte da Vela para gozar dunha impresionante vista panorámica da Costa da Morte. En total uns 17 km. de andaina na que pasarase preto do faro do Cabo Vilán e subirase á capela da Virxe do Monte.
- Saída: Sábado 26 ás 9:00 am. praza do Concello. Poden inscribirse ata hoxe mesmo no Concello de Vimianzo.
Unha ruta, con foliada, por Caldebarcos
A segunda ruta que traemos é máis especial, pois acaba en romaría. A Foliada de Caldebarcos comeza pola mañá cunha sesión de camiñada na ruta dos Muíños.
- Saída: Sábado 26 ás 10:15h á porta do Supermercado Cruces, en Caldebarcos, e non fai falla inscrición.
Ruta do Roncudo a Dombate
Completa a ruta que prantexa a Asociación Neria este domingo. Nada menos que 25 quilómetros entre o Faro Roncudo e Dombate, pasando por Corme, a Praia da Hermida, a Pedra da Serpe, a praia de Valarés, o Monte Branco, o Paseo Fluvial do anllóns, o Rego dos Muíños, e Castro Borneiro.
Para contar as historias, Xan Fernández Carrera.
- Saída: Domingo 27 ás 09:30 do Faro Roncudo con bus de volta e refrixerio de balde. Poden apuntarse en 981 706 028 / [email protected].
Máis información
Novas relacionadas
- Caldebarcos volve saír de Romaría aos Muíños para celebrar os avances apícolas da zona.
- Vimianzo engrandece o sendeirismo e Camariñas e Corcubión collen o relevo.
- Camariñas, Ponteceso e Vimianzo únense para fomentar as rutas de sendeirismo.
- Costa da Morte: un espazo de rali… fotográfico.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
- Recunchos da Costa: Cereixo.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Un roteiro ata a Casa do Demo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
- Carballo abre novas sendas a pé e en bici.
- A bitácora da semana (CXLV): Camiños da Fin da Terra – Sendeirismo na Costa da Morte.
- A bitácora da semana (CLXIII): Rutas Costa da Morte por Camariñas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).