Sábado. 20.04.2024
El tiempo

COSAL conta en primeira persoa o conflito palestino en Corcubión e Carnota

COSAL conta en primeira persoa o conflito palestino en Corcubión e Carnota

No pasado mes de agosto, un grupo de cinco activistas realcionadas con COSAL-Costa da Morte (Chicha Martínez, Javier Turnes, Rafael Poncela, Alberto Pagán e Ubaldo Cerqueiro) viaxaron a Palestina, co fin de coñecer de primeira man, o que xa sabían de lonxe: o significado da ocupación sionista de Palestina.

A intención non era outra que a de poder compartir, unha vez á volta, as súas experiencias, coa veciñanza da Costa da Morte. E as sesións informativas xa están convocadas para esta mesma semana, que se desenvolverán en Corcubión e Carnota.
As citas "intentarán transmitir alomenos unha parte do que vimos e do que sentimos aló. Utilizaremos como fío algunhas das fotos que tomamos", explica Chicha Martínez. Ademais de charla, debate e fotografías, a sesión contará con algo máis.

Baixo o título "Palestina 2011: vivindo a ocupación" queren comezar a facer unha das cousas que aló o pobo palestino lles pediu con ansia, con desesperación: "Por favor, contade o que vedes, contade como vivimos". Este mércores en Corcubión, e xoves en Carnota, contaránolo.

I é que a situación política internacional, no canto de irse calmando, empeora. Este verán quedou ratificado que os gobernos europeos e mais os organismos internacionais obedecen as ordes sionistas, polo que somos case unicamente as sociedades civís as que nos enfrontamos á ocupación exercida por Israel.

Citas con Palestina na Costa da Morte

  • Mércores 21 de setembro, ás 20.30h na Terraza do Hórreo, en Corcubión.
  • Xoves 22 de setembro, ás 20.15h no Concello de Carnota.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios