Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Detido un carnotán tras sendos roubos en dous bares de Lira

Detido un carnotán tras sendos roubos en dous bares de Lira
Bar Xouba de Lira Intentaron roubar no Bar Xouba de Lira

A Garda Civil de Muros procedeu á detención de L.M.C.R, veciño da zona de Carnota, como presunto autor dun delito por roubo con forza nas cousas. Os feitos sucederon despois de que tres testemuñas sinalasen ao detido como o responsable dun roubo no Bar Mar de Lira da localidade de Carnota, onde puido subtraer 200€ en moedas e unha tentativa de roubo no Bar Xouba, da mesma localidade.

Trala asistencia letrada, por parte do avogado de oficio, realízase posta en liberdade ao non existir risco de fuga. Dilixencias Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Muros.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios