Doble ración de festas e Samaín en Carnota e Lariño
Doble sesión festexeira nas vinderas datas no Concello de Carnota. Por unha banda xa teñen en marcha a celebración do Samaín para os máis pequenos e os máis maiores, e por outra Lariño prepárase para as Festas do San Martiño.
Samaín
O venres 28 de outubro, a partir das 17:00 h, no marco do programa Venres Lúdicos, Carnota organiza unha festa no salón de actos e biblioteca da Casa Consistorial. Para iso, o Concello pide a colaboración de todos os rapaces/as e tamén dos maiores, usuarios do Centro de Día.
Cada membro asistente traerá unha lenda relacionada co tema (lendas de medo, de pantasmas, do samaín, etc), ben coñecida por eles ou ben contada polos seus pais ou avós. Alí leranse algunhas delas, e poderemos observar as cabazas decoradas por eles mesmos feitas no venres anterior e expostas para o desfrute do público.
Haberá tamén unha merendola con lambetadas e como agasallo, a actuación dun mago para todos.
Festas de San Martiño de Lariño
Aínda falta un tempo, pero por Lariño xa se preparan para as Festas do San Martiño que inundarán a parroquia carnotá durante os 11 e 12 de novembro.
O venres 11 toca gran verbena con 3 orquestras, entre as que destaca a Panorama. E o sábado máis festa coa Metrópolis e a Master.
Máis información cultural
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).