Coeducación para visibilizar os micromachismos

Recollíamos este 26 de novembro unha marea de accións relacionadas co Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Detiñámonos especialmente nunha, por novidosa, e hoxe podemos completala. Falamos do Obradoiro de micromachismos levado a cabo polo BNG Costa da Morte en Carnota, que vén de facer un traballo completísimo e que nos envía un vídeo coa curiosa proxección animada que se realizou aquela noite do 21N.
O colectivo de mulleres nacionalistas da entidade, sabe que a violencia machista non é só o número de mulleres asasinadas cada ano. Son moitas máis, moito máis invisibles, as cousas que se dan cada día na nosa sociedade. E por iso, centrou a actividade nos “micromachismos, a violencia invisíbel que nos rodea e que son parte desta lacra que temos que frear, con accións coma estas, e por suposto, nas institucións, xa que a violencia machista non é unha cuestión privada, é unha cuestión pública e política”.
Teñen claro que a solución “está nas nosas mans”, por iso apostan pola educación. Como a vivida aquela noite na taberna carnotá do Bar Pedrapás, que viron este vídeo “O soño imposible”, un vídeo realizado a Organización das Nacións Unidas no ano 1983. A pregunta clave foi: “Credes que en 31 anos cambiou algo?”
Bo exercicio o de volta atrás no tempo. E parece que a día de hoxe “a desigualdade de sexos e o modelo de familia patriarcal na sociedade actual no occidente” segue sendo unha realidade.
As inmediatas solucións que propuxeron maioritariamente, despois de moito debatir ata ben entrada a madrugada, centráronse na “educación en igualdade desde as escolas infantís ata a universidade, políticas que nos axuden a emanciparnos e concienciación social nos fogares e na veciñanza”.
Novas relacionadas
- 2014: #25N: A Costa da Morte non fai trato co maltrato.
- 25N 2013: A Costa da Morte berrou “Nen unha máis”.
- 8 de marzo de 2013: A Costa da Morte demostrou que o feminismo non está en crise.
- 25N de 2012: A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio.
- 25N de 2012: 25N sen silencio: Curtas que non calan.
- 25N de 2011: As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- 25N de 2010: A Costa da Morte abriu os ollos contra a Violencia de Xénero.
- 25N de 2009: Loitando contra o Fermento do silencio.
- III Maratón Implícate 2010: 4 imaxes que loitan contra a violencia de xénero dende Camariñas.
- II Maratón Implícate 2009: Camariñas elixe as imaxes da igualdade.
- I Maratón Fotográfico Implícate: As fotografías da non violencia.
- A mocidade muxián lanza os seus vídeos pola Igualdade.
- O Soliloquio de Susana Alvite sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Outro día máis sen razón de ser.
Fonte
- BNG Costa da Morte.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
