mércores. 30.04.2025
El tiempo

Empeza o curso na Escola Municipal de Música de Carnota e de Santa Comba

Empeza o curso na Escola Municipal de Música de Carnota e de Santa Comba
Mestres da Escola de Musica de Carnota

Un ano máis chega o comezo de curso na ESMU de Carnota. Onte luns 29 de setembro celebrouse no salón de plenos do Concello de Carnota a reunión de principio de curso cos 121 inscritos. Alí tratáronse os temas máis comentados, como son os horarios do alumnado, o calendario lectivo, os días de atención aos pais, as materias de cada mestre, as normas internas, os prezos, etc.

Con consenso pleno entre pais, mestres e alumnos/as rematou a reunión á hora xusta para dar paso mañán, mércores 1 de outubro ao comezo das clases, no CEIP do Pindo, todos os días, de luns a venres, de 4 a 10 da noite.

A programación e as materias a impartir son extensas e variadas. Iniciación Musical (música e movemento), Linguaxe musical, Orquestra Orff, Coro infantil, Coral polifónica, Combos, Grupos de música tradicional, Música Activa, Harmonía, Linguaxe para adultos. Canto, piano, guitarra, baixo, tamboril, congas, batería, guitarra eléctrica, gaita, pandeireta, saxofón, clarinete, frauta e frauta traveseira.

O cadro de mestres repítese ano tras ano (os motivos son obvios con mirar os resultados e o número de inscricións), aínda que neste curso houbo un cambio. A mestra Ana por motivos persoais tivo que deixar, e contamos con outra gran mestra da área dos pequenos. Son: Pilar García. Iniciación Musical, Linguaxe Musical, Coro infantil, Orquestra Orff, Canto e clarinete.

Escola de Música Moderna de Santa Comba

Escola de Musica de Santa Comba

En marcha a Escoal de Música Moderna Municipal de Santa Comba, que arrinca este luns 6 de outubro. Pode ser individual ou colectivamente. Teñen máis información no 981 880 275.

Ademais, está en marcha o Obradoiro de Expresión Escrita para moz@s de secundaria. Ponde inscribirse no Edif. Multiusos Santa Comba, tf. 981 81 87 10.

Escola de Música de Cee

Segue tamén o prazo aberto para a Escola de Música de Cee. As clases darán comenzo a partir do luns 6 de outubro no edificio da Escola de Música na Praza da Constitución, prantexando que no Nadal se trasladen á rematada (?) Casa da Cultura.

Por certo, que xa hai máis de 100 inscritos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios