sábado. 09.11.2024
El tiempo

‘Galicia Remota’, o proxecto do Concello de Carnota para captar nómades dixitais

Letras de Carnota na praza
‘Galicia Remota’, o proxecto do Concello de Carnota para captar nómades dixitais

Son moitas as persoas do mundo que nos últimos anos se teñen instalado no paraíso de Carnota. E para aproveitar esa inercia, o Concello lanza o proxecto piloto ‘Galicia Remota’, que xa conta co apoio financieiro da Deputación, que aprobaba no pleno de verntes un financiamento de 24.000€ (o Concello terá que poñer 6.000).

A iniciativa, que se desenvolverá no municipio do 8 ao 30 de outubro, busca facer do rural un polo de atracción de traballadores remotos. Con esta iniciativa búscase crear un novo modelo de turismo, innovación e sustentabilidade para facer do rural un polo de atracción de persoas que podan desenvolver a súa labor profesional en teletraballo desde calquera lugar do mundo.

O obxectivo da iniciativa é contribuír a frear o despoboamento do rural e convertelo nun lugar de emprendemento, amosando con proxectos coma este  que é posible traballar en remoto desde o rural cunha maior calidade de vida e sen o axetreo cotián das grandes cidades.

12 nómades dixitais participarán no proxecto durante o mes de outubro

Un grupo de 12 nómades dixitais internacionais poderán vivir durante tres semanas, do 8 ao 30 de outubro, no rural do municipio e axudar a motivar ó tecido emprendedor local. Abordaranse, así, distintos problemas locais como: a escasa iniciativa empresarial, a presencia de negocios con pouco valor engadido e o turismo estacional e de baixa calidade.

Durante a súa estadía, as persoas participantes desta primeira experiencia, realizarán distintas actividades como: obradoiros con artesáns, roteiros de aprendizaxe, visitas culturais, coloquios específicos sobre emprendemento, etc.

Co apoio a este proxecto do Concello de Carnota, a Deputación mostra, unha vez máis, o seu compromiso coa loita contra a despoboación do rural e co impulso do desenvolvemento económico e social da provincia.

Novo alumeado para o campo de fútbol de Lombáns

O pleno aprobou tamén por unanimidade o convenio entre a Deputación e o Concello de Carnota para financiar con 115.000 euros as obras de mellora de eficiencia enerxética do campo de fútbol de Lombáns. A Deputación achegará o 80% do investimento (92.000 euros)

Comentarios