Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Goberno Central dá luz verde ao Hotel do Faro Lariño: “Esperamos abrir antes da próxima Semana Santa”

Faro Larino convertirase en Hotel
O Faro Punta Insua de Lariño convertirase nun Hotel
O Goberno Central dá luz verde ao Hotel do Faro Lariño: “Esperamos abrir antes da próxima Semana Santa”

O Consello de Ministros aprobou este martes 2 de xuño levantar a prohibición de usar o Faro Punta Insua de Lariño como aloxamento turístico. Unha gran nova para o sector turístico costeiro, que valora tamén a apertura do Parador de Lourido este vindeiro 25 de xuño.

O proxecto do Faro de Lariño será adiante por Jesús Picallo, seguindo a estela marcada polo Semáforo de Fisterra, o “mascarón de proa do turismo da Costa da Morte”. Falamos da aposta polo turismo de calidade, ademais da posta en valor dun dos nosos patrimonios máis mariñeiros máis prezados.

Aínda non está perfilado pero probablemente será chamado “Hotel Faro de Lariño”, contará inicialmente con 10 habitacións dobres, cunha temática mariñeira.

Dormitorio-Hotel-Faro-de-Larino

O Consello de Ministros valorou que a rehabilitación do edificio de 1921 “manterá en todo momento a súa configuración e aspecto actual”. O actual garaxe converterase nun bar-taberna, cunha pequena terraza e a casa do transformador converterase nun almacén. O resto da parcela (conta cun total de 1.600 m2) do faro utilizarase como aparcamento.

Ademais, a incorporación de sistemas de reutilización da auga para o rego e saneamento, así como o plan de obter a certificación ISO 9001 e Galicia Calidade, e de propoñer unirse aos proxectos "Km 0" e "PescaDeRía" e colaborar coa Fundación Galicia Sostible, favoreceu a aceptación dun proxecto que suporá un investimento de 336.000 euros, cun prazo de concesión de 30 anos.

Rehabilitación da contorna

Pendente está a recuperación da contorna do Faro, cun proxecto aprobado por todos os grupos na lexislatura anterior, que contemplaba a “demolición das barreiras visuais do antigo campo de fútbol, que leva décadas en desuso, para dar paso a un proxecto de reintegración paisaxística deste espazo no seu privilexiado entorno natural de Punta Insua, dotándoo de instalacións deportivas, lecer e delimitando ademais un espazo para dar solución a unha vella demanda: unha zona para o estacionamento de autocaravanas”.

Así o explica o BNG que lamenta que o PSOE ralentice a obra.

Parador

Novas relacionadas

Outras novas do sector

Comentarios