Sábado. 25.06.2022
El tiempo

Lira amosou a cara máis amable da Costa da Morte aos socios do proxecto Europeo 2Fish

Lira amosou a cara máis amable da Costa da Morte aos socios do proxecto Europeo 2Fish
Expedicion internacional do 2Fish Project na Ruta dende Mar de Lira

Un par de días durou este novo encontro do proxecto Europeo 2Fish. Un proxecto no que está inmersa a Confraría de Lira e mais a Fundación Lonxanet, tamén con raíces costeiras, e que busca alternativas económicas para as sociedades mariñeiras.

Así, durante estes mércores e xoves de marzo, estiveron por Carnota adiante un grupo de dinamarqueses, noruegueses, irlandeses e italianos, acompañados polos, desta volta, anfitrións, lirachos. I é que xa realizaron varias xuntanzas nos países participantes.

Segundo nos contan, a Confraría de Lira disputo de todos os elementos, persoas e ata un dous mellores climas que se deron en España durante o pasado mércores. Os visitantes puideron disfrutar da mellor cara da Costa da Morte. Carnota luciu a través de toda a diversidade humana que amosa a súa xente, desde ou chofer do bus, gaiteiros bilingües, alcalde xeneroso, tenente alcalde e secretaria da Confraría O Pindo, médico do ambulatorio, e tamén da gastronomía e servizo por restaurantes de Rastauramar, da mariscadora Pebida tan positiva e entusiasta, de Nacho Porto ceramista... Unha listaxe interminable que mesmo rematou con queimada e conxuro, como nos contan.

Expedicion internacional do 2Fish Project en Carnota

Ademais de disfrutar das xentes do lugar, e facer unha ruta por Compostela, os membros da expedición tiveron tempo para xuntarse arredor dunha mesa e compartir experiencias. Xa explicamos que o proxecto busca outras vías de financiamento para economías mariñeiras, e se volveron tratar actividades como o turismo mariñeiro (unha iniciativa que non acaba de arrincar en Lira), pero tamén se trataton temas como a xestión de calidade, a lexislación pesquera, o desenvolvemento de novos produtos pesqueros e a trazabilidade dos mesmos. Cousas como estas integran as sesións de formación que os socios europeos, incluídos a Confraría de Lira, impartirán nos seus respectivos países.

2Fish Project

O Proxecto Europeo, está financiado co apoio do Lifelong Learning Programme da Unión Europea e desenvolvido pola Central Denmark EU Office e Fiskeriskolen (Dinamarca), Nordkapp maritime fagskole (Noruega), AquaTT (Irlanda), Inforcoop (Italia) e a Confraría de Pescadores de Lira e Fundación Lonxanet (España).

Máis información

Novas relacionadas

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    comentarios